«Vin de Santiago a Padrón…» (Rosalía de Castro)
Miña casiña, meu lar, ¡cántas onciñas de ouro me vals! Vin de Santiago a Padrón cun chover que era arroiar, descalciña de pe e perna, sin comer nin almorzar. Polo camiño atopaba ricas cousas que mercar, i anque ganas tiña delas non tiña para as pagar. Nos mesóns arrecendía…
«Coma algún día…» (Rosalía de Castro)
Coma algún día, polos corrunchos do vasto tempro, vellos e vellas, mentras monean, silban as salves i os padrenuestros; i os arcebispos nos seus sepulcros, reises e reinas, con gran sosego, na paz dos mármores tranquilos dormen, mentras no coro cantan os cegos, O órgano lanza tristes cramores, os das…
Adiós ríos, adiós fontes (Rosalía de Castro)
Adiós, ríos; adiós, fontes; Adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muiño dos castañares,…
Adiós, montes e prados… (Rosalía de Castro)
Adiós, montes e prados, igrexas e campanas; adiós, Sar y Sarela, cubiertos de enramada; adiós, Vidán alegre, moíños e hondanadas; Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas; San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas; Balvís, para mi siempre de hondas remenbranzas; Santo Domingo, donde cuanto…